InicioEconomíaAlcoa reducirá a produción de alumnio polos "altos prezos do gas"

Alcoa reducirá a produción de alumnio polos “altos prezos do gas”

"A refinaría dispón de flexibilidade técnica para axustar a súa produción, como fixo noutras ocasións por razóns operativas ou de mercado", destaca a multinacional.

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa informa de que levará a cabo novas reducións nos niveis de produción da refinaría de alúmina de San Cibrao a partir deste luns, 1 de agosto, para “mitigar parte das perdas provocadas polos altos prezos do gas natural que continúan escalando en España“.

Deste xeito, a planta irá reducindo durante os próximos dous meses a súa produción ata chegar a entre un 50% e 60% dos 1,6 millóns de toneladas da súa capacidade anual. Este axuste do nivel operativo inclúe a redución do 15% xa anunciada a principios deste mes de xullo. Todo iso, despois de que a comezos de ano alcanzase producións marca.

O plan de produción non afectará os acordos cos clientes, aos niveis de emprego na planta ou calquera mantemento ou investimento planificado. A refinaría aproveitará esta redución de produción para realizar traballos adicionais na instalación, principalmente de mantemento”, sinala a compañía nun comunicado.

Segundo apunta, “co custo actual do gas natural a refinaría obtén unha marxe negativa ou perda por cada tonelada de alúmina producida”. Coa redución recente do 15% da produción, a previsión de Alcoa é que a refinaría perdería aproximadamente 75 millóns de dólares no terceiro trimestre. Asegura que ao 50% da súa capacidade, aos prezos actuais do gas natural en España, as perdas da refinaría reduciranse en “aproximadamente un terzo”.

Os prezos do gas natural multiplicáronse por máis de cinco desde principios de 2021. Como resultado, a refinaría experimentou un aumento significativo nos seus custos de gas natural, que pasaron de aproximadamente 45 dólares por tonelada de alúmina producida a principios de 2021 a un prezo de ao redor de 245 dólares por tonelada previsto para o terceiro trimestre de 2022.

“A refinaría dispón de flexibilidade técnica para axustar a súa produción, como fixo noutras ocasións por razóns operativas ou de mercado”, agrega Alcoa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...